IV xornadas de exaltación «Berberecho de Noia» 2019
Entre o 17 e o 20 de outubro terá lugar en Noia as IV xornadas de exaltación «Berberecho de Noia».
Podes consultar o programa neste enlace (PDF, 4,4 MB).
Conserveras e pósito promocionarán o berberecho de Noia a nivel europeo
Os bancos marisqueiros descansan en Noia, permitindo o desenvolvemento do bivalvo que chegará aos mercados a partir de setembro. Non obstante, a actividade non cesa na confraría, que xa está inmersa na preparación da próxima campaña. O que acabou o pasado mes de abril foi o primeiro en que o produto estrela das concesións, o berberecho, foi comercializado baixo a marca de calidade. O técnico do pósito Juan Gómez afirma que serviu de proba, pero agora a entidade quere seguir avanzando e irá da man, con 10 conserveiros adheridos ao selo e os que queren unirse para promover o molusco a nivel europeo.
A nova completa en «La Voz de Galicia».
Presentación da marca ‘Berberecho de Noia’ a comercializadores
Hoxe pola mañá presentamos a marca colectiva ‘BERBERECHO DE NOIA. PESCA ARTESANAL. RÍAS GALEGAS‘ ós comercializadores do berberecho.
Feijóo visita a lonxa de Noia e enxalza o récord de 500M€ en ingresos das lonxas galegas
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante unha visita ás instalacións da lonxa de Noia, destaca a calidade do sector pesqueiro galego, que en 2017 alcanzou a mellor cifra de facturación procedente da primeira venda, ao romper o teito dos 500 millóns de euros.
II Xornadas de Exaltación “Berberecho de Noia” 2017 – Resumo
Os deixamos un vídeo resumo das II Xornadas de Exaltación “Berberecho de Noia” 2017 que celebramos do 23 ao 26 de Novembro de 2017. Esperamos que vos guste!