Hoxe pola mañá presentamos a marca colectiva ‘BERBERECHO DE NOIA. PESCA ARTESANAL. RÍAS GALEGAS‘ ós comercializadores do berberecho.
O acto, celebrado na Casa da Cultura do concello de Noia, acudiron o Patrón Maior e Secretario da Confraría de Noia e os diferentes compradores do Berberecho de Noia na lonxa: conserveiras e depuradoras de toda Galicia.