IV xornadas de exaltación «Berberecho de Noia» 2019
Entre o 17 e o 20 de outubro terá lugar en Noia as IV xornadas de exaltación «Berberecho de Noia».
Podes consultar o programa neste enlace (PDF, 4,4 MB).
Conserveras e pósito promocionarán o berberecho de Noia a nivel europeo
Os bancos marisqueiros descansan en Noia, permitindo o desenvolvemento do bivalvo que chegará aos mercados a partir de setembro. Non obstante, a actividade non cesa na confraría, que xa está inmersa na preparación da próxima campaña. O que acabou o pasado mes de abril foi o primeiro en que o produto estrela das concesións, o berberecho, foi comercializado baixo a marca de calidade. O técnico do pósito Juan Gómez afirma que serviu de proba, pero agora a entidade quere seguir avanzando e irá da man, con 10 conserveiros adheridos ao selo e os que queren unirse para promover o molusco a nivel europeo.
A nova completa en «La Voz de Galicia».
Presentación da marca ‘Berberecho de Noia’ a comercializadores
Hoxe pola mañá presentamos a marca colectiva ‘BERBERECHO DE NOIA. PESCA ARTESANAL. RÍAS GALEGAS‘ ós comercializadores do berberecho.
Feijóo visita a lonxa de Noia e enxalza o récord de 500M€ en ingresos das lonxas galegas
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante unha visita ás instalacións da lonxa de Noia, destaca a calidade do sector pesqueiro galego, que en 2017 alcanzou a mellor cifra de facturación procedente da primeira venda, ao romper o teito dos 500 millóns de euros.
II Xornadas de Exaltación “Berberecho de Noia” 2017 – Resumo
Os deixamos un vídeo resumo das II Xornadas de Exaltación “Berberecho de Noia” 2017 que celebramos do 23 ao 26 de Novembro de 2017. Esperamos que vos guste!
O berberecho de Noia cotizou ó alza na reanudación da actividade
Os 1.600 mariscadores que faenan nas concesións noiesas regresaron aos areais coa incerteza de se as cotizacións do produto estrela, o berberecho, poderían verse afectadas o parón de catro semanas decretado polo Intecmar ante a elevada concentración de marea vermella. Non foi así.
O valor medio do bivalvo incrementouse con respecto ao da última xornada, a do 2 de outubro. Así, dos 5,805 euros aos que se poxou nesa data o de terceira categoría en Testal, o máis abundante, pasouse aos 6,39 euros de onte. No caso do de segunda, o aumento foi menos significativo, pero, en calquera caso, o valor excedeu os 7 euros.
FONTE: LA VOZ DE GALICIA
Quintana aposta polo selo de calidade do berberecho de Noia
A conselleira de Mar coñeceu os avances da investigación para descubrir o ADN específico do bivalvo noiés. Esta iniciativa -que se iniciou hai un ano e finalizará no 2018- está promovida polo depósito noiés coa colaboración do laboratorio de sistemática molecular do departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC, e conta co respaldo da consellería, que achegou o 90 % do orzamento (138.500 euros).
NOTICIA COMPLETA: AQUÍ